A Naturopatía, unha profesión necesaria, segura e eficiente no II Congreso Galego de Naturopatía

Este II Congreso Galego de Naturopatía, que imos celebrar en Santiago de Compostela, o 20 de xullo, pretende seguir dando a coñecer o proceso de integración da Profesión Naturopática como un servizo máis de saúde, xa que a demanda destes Servizos Profesionais de Naturopatía, que están a funcionar en Galicia a nivel privado, van en aumento.

No proceso de recoñecemento do labor que realiza o profesional Naturópata, esperamos seguir contando co apoio das administracións públicas, sindicatos, organizacións empresariais e os partidos políticos para que coñezan o plan de regulación da Organización Colexial Naturopática FENACO, que beneficiará á sociedade Galega no seu conxunto, con prestacións de Servizos Profesionais de Naturopatía eficientes.

O Congreso Galego de Naturopatía está a contribuír dunha forma singular ao esforzo realizado por nosa a Organización Colexial Naturopática por difundir, dignificar e consolidar a Profesión Naturopática, e converteuse en referencia obrigada para toda a profesión Naturopática en Galicia.

Os contidos do II Congreso Galego de Naturopatía desenvolveranse da seguinte forma:

1º Contidos de índole profesional, co obxectivo de expor os distintos Métodos Naturais e Procedementos de Saúde, para a cal presentaremos catro Conferencias impartidas por destacados profesionais Naturópatas expertos en cada temática.

2º Mesa redonda ou Foro de debate onde se exporán temas a debate sobre a realidade profesional, laboral e académica da Naturopatía, onde temos prevista que interveñan: membros da Xunta Directiva da Organización Colexial Naturopática FENACO.

3º E terminamos coa entrega de Premios e Mencións FENACO que recoñece e divulga os Servizos Profesionais de Naturopatía. Estes galardóns consolidados, a nivel nacional, como un sistema de recoñecemento aos profesionais, estudantes, centros de formación e institucións, incrementan a calidade dos Servizos Profesionais de Naturopatía que se prestan á cidadanía e supoñen un medio para o impulso e fomento dos instrumentos e estándares de calidade adoptados pola Organización Colexial Naturopática FENACO

Establecendo a seguinte programación:

9:30 Recepción e acreditación

10:00 Apertura a cargo do Presidente da Organización Colexial Naturopática FENACO D. Manuel Navarro. D. Martí Castelló Musellas, Director Xeral do Centro Nacional de Investigacións Cientificas e Tecnolóxicas en Naturopatía CNIN; D. Rafael Granados, Presidente de ATA Galicia.

10:30-11:30 1ª Relatorio: “Manexo dos betaglucanos na intervención Naturopática” a cargo de D. Martí Castelló Musellas, Col. FENACO 2597 e Director Xeral do Centro Nacional de Investigacións Científicas e Tecnolóxicas en Naturopatía (CNIN).

11:30-12:30 2ª Relatorio: “Mindfulness en aplicacións Naturopáticas para a saúde”, a cargo de Dña. Andrea Costas, Col. FENACO 2982, Vogal da Sección Colexial Naturopática de Técnicas Sacro Cranial.

12:30-13:30 3ª Relatorio: “Abordaxe Naturopático dos problemas de saúde da pel”, a cargo de D. Javier Akerman, Col. FENACO 2972, Magister Natura.

13:30-14:30 4ª Relatorio:”Exposición do futuro da Ciencia Naturopática enmarcado no CNIN (Centro Nacional de Investigacións Científicas e Tecnolóxicas en Naturopatía” Kamila Bertlik , Col FENACO 3037, Directora Xerente do CNIN.

17:00-18:00 MESA REDONDA: “Proceso de regulación da Profesión Naturopática”

18:00 ? 18:30 ENTREGA DE PREMIOS E MENCIÓNS

Información e inscricións: 902010374 – organizacion@naturopatiafenaco.comgalicia@naturopatiafenaco.com

Etiquetas: