O Congreso Galego de Naturopatía chega á súa sétima edición, constituíndose así no máis significativo do seu tipo en Galicia; e está edición a Organización Colexial Naturopática de Galicia, organízao na Coruña, o dia 13 de outubro sábado.
O Congreso Galego de Naturopatía está dirixido aos profesionais, usuarios, empresarios, estudantes, centros de formación, herbolarios, centros de herbodietética, editoriais, que conforman a Profesión Naturopática. Con periodicidade anual, este evento ofrece un espazo para fomentar o intercambio de experiencias profesionais, docentes, investigadoras, empresariais etc…, así como ser un escaparate para os produtos e servizos máis innovadores do sector Naturopático.
Este VII Congreso Galego de Naturopatía, que imos celebrar na Coruña, o 13 de outubro, pretende seguir dando a coñecer o proceso de integración da Profesión Naturopática como un servizo máis de saúde, xa que a demanda destes Servizos Profesionais de Naturopatía, que están a funcionar en Galicia a nivel privado, van en aumento. No proceso de recoñecemento do labor que realiza o Profesional Naturópata, esperamos seguir contando co apoio das administracións públicas, sindicatos, organizacións empresariais e os partidos políticos para que coñezan a autorregulación profesional da Organización Colexial Naturopática, que está a beneficiar á sociedade no seu conxunto, con prestacións de Servizos Profesionais de Naturopatía de calidade e seguros.
Os temas centrais que abordará o VII Congreso Galego de Naturopatía ten que ver coa evolución da oferta dos Servizos Profesionais de Naturopatía e a súa implantación na sociedade galega, a relacións coa administración, e sobre todo, a profesionalización e a calidade na atención, que é o que distingue aos Profesionais Naturópatas Colexiados. Espérase que está sétima edición do evento supere a cifra de participación do pasado ano para con iso seguir achegando máis e mellor a Profesión Naturopática á sociedade galega.
O Congreso Galego de Naturopatía está a contribuír dunha forma singular ao esforzo realizado pola Organización Colexial Naturopática por difundir, promocionar e consolidar a Profesión Naturopática, e converteuse en referencia obrigada para toda a profesión Naturopática en Galicia.
Máis información e inscrición en: VII Congreso Galego de Naturopatía
Etiquetas: EVENTOS NATUROPATICOS