María Garriga, Presidenta da Organización Colexial Naturopática de Galicia, realiza a invitación para participar no VII Congreso Galego de Naturopatía que se celebra o próximo día 13 de outubro de 2018 na Coruña.
Desde que comezamos a organizar o VII Congreso Galego de Naturopatía a Organización Colexial Naturopática de Galicia asumiu un gran compromiso tanto coa asociación como cos participantes, á vez que un gran reto, dado o bo nivel que deixaran os anteriores Congresos. Un ano máis, contaremos coa ampla experiencia de relatores Profesionais Naturópatas Colexiados, que expoñerán temas de actualidade, baixo o lema desta edición: “ Naturopatía: Ciencia da Saúde”.
Os Comités Científico e Organizador traballamos con ilusión, para que este VII Congreso Galego de Naturopatía sexa un foro idóneo para debater opinións, contrastar experiencias e buscar solucións para mellorar os nosos coñecementos, competencias e habilidades.