O Congreso Galego de Naturopatía chega á súa oitava edición, constituíndose así no referente da Naturopatía en Galicia

O Congreso Galego de Naturopatía chega á súa oitava edición, constituíndose así no referente da Naturopatía en Galicia; e está edición a Organización Colexial Naturopática de Galicia, organízao en Vigo no marco do acto de final de curso de Graduados en Naturopatía da Escola Internacional do Desenvolvemento Humano EIDH de Vigo, o vindeiro sábado 13 de xullo de 2019 . O VIII Congreso Galego de Naturopatía está dirixido aos profesionais, usuarios, empresarios, estudantes, centros de formación, herbolarios, centros de herbodietética, editoriais, que conforman o sector Naturopático. Tendo como obxectivo seguir sendo o evento líder do sector dos Métodos Naturais de Saúde (popularmente denominadas «terapias naturais”) en Galicia. Con periodicidade anual, este evento ofrece un espazo para fomentar o intercambio de experiencias profesionais, docentes, investigadoras, empresariais etc…, así como ser un escaparate para os produtos e servizos máis innovadores da Profesión Naturopatica. Este VIII Congreso Galego de Naturopatía, que imos celebrar en Vigo, o 13 de xullo, ten entre os seus obxectivos seguir dando a coñecer o proceso de integración da Profesión Naturopática como un servizo máis de saúde, benestar e calidade de vida, xa que a demanda destes Servizos Profesionais de Naturopatía, que están a funcionar en Galicia a nivel privado, van en aumento. No proceso de recoñecemento do labor que realiza o Profesional Naturópata Colexiado, esperamos seguir contando co apoio das administracións públicas, sindicatos, organizacións empresariais e os partidos políticos para que coñezan o plan de regulación da Organización Colexial Naturopática, que beneficiará á sociedade Galega no seu conxunto, con prestacións de Servizos Profesionais de Naturopatía de calidade O Congreso Galego de Naturopatía está a contribuír dunha forma singular ao esforzo realizado por nosa a Organización Colexial Naturopática por difundir, dignificar e consolidar a Profesión Naturopática, e converteuse en referencia obrigada para toda a profesión Naturopática en Galicia.