VII Congreso Galego de Naturopatía:. ” Naturopatía, Ciencia da Saúde” 13 de outubro na Coruña

O 13 de outubro, sábado, de 2018, a Organización Colexial Naturopática de Galicia organiza o VII Congreso Galego de Naturopatía na Coruña, co obxectivo de seguir consolidando a Profesión Naturopática, e achegar máis e mellor os Servizos Profesionais de Naturopatía á sociedade galega.

O Congreso Galego de Naturopatía está a contribuír dunha forma notable ao esforzo realizado pola Organización Colexial Naturopática por difundir, promocionar e consolidar a Profesión Naturopática, e converteuse en referencia obrigada para toda a profesión Naturopática en Galicia.

O Congreso Galego de Naturopatía é un fiel reflexo deste crecemento, como demostra o feito do interese crecente en cada un deles, consecuencia da boa imaxe e identidade, dos contidos das conferencias e actividades presentadas, que son do agrado do colectivo de Profesionais Naturópatas e publico en xeral.

“Neste VII Congreso Galego de Naturopatía, afirma María Garriga, Presidenta da Organización Colexial Naturopática de Galicia, realizamos un importante esforzo por elaborar un programa profesional variado, que recolla todos os ámbitos de traballo e interese do Profesional Naturópata e que sexa presentado por relatores de prestixio”.

Un dos nosos obxectivos fundamentais foi o de dotar ao Congreso de Naturopatía Comunidad de Madrid dunha personalidade propia, dunha marca diferenciadora, e que reflicta que é noso, dos Profesionais Naturópatas.

Máis información e inscrición en: VII Congreso Galego de Naturopatía

Etiquetas: