Todo preparado para que, durante todo o día 13 de Outubro, a Organización Colexial Naturopática de Galicia celebre o seu VII Congreso na Coruña

Todo preparado para que, durante todo o día 13 de outubro de 2018, a Organización Colexial Naturopática de Galicia celebre o seu congreso anual dentro do ámbito rexional galego na Coruña. Conferencias e mesa redonda, e sobre todo moita información práctica encherán este día de programa científico que marcaron os organizadores deste evento.

O Congreso Galego de Naturopatía, coa súa VII edición, xa se implantou como evento líder da profesión Naturopática de Galicia. Con periodicidade anual, este evento ofrece un espazo para fomentar o intercambio de experiencias profesionais, docentes, investigadoras, empresariais etc…, así como ser un escaparate para os produtos e servizos máis innovadores da Profesión Naturopática.

A Organización Colexial Naturopática de Galicia quere poñer de relevo a capacidade e importancia da actividade investigadora que desenvolven os Profesionais Naturópatas que exercen a súa actividade profesional en Galicia e para iso mantén a súa posta de impulsar a investigación Naturopática para concienciar aos profesionais Naturópatas da necesidade de integrala na práctica diaria. María Garriga, Presidenta da Organización Colexial Naturopática de Galicia subliña que este Congreso tamén pretende recalcar a necesidade de seguir potenciando os aspectos formativos e de investigación da profesión Naturopática para irse adaptando ás novas demandas tanto en cantidade e calidade por parte dos usuarios dos Servizos Profesionais de Naturopatía en Galicia

Neste campo, a Organización Colexial Naturopática de Galicia continua desenvolvendo as liñas básicas para a formación dos Profesionais Naturópatas dedicados á formación e didáctica, tanto nos postos de Dirección de Centros Formativos como Docentes particulares ou formando parte do corpo do profesorado da Rede Centros Homologados pola Organización Colexial Naturopática.

Máis información e inscrición en: VII Congreso Galego de Naturopatía

Etiquetas: