O VII Congreso Galego de Naturopatía tamén serviu para aumentar a autoestima dos Profesionais Naturópatas, facer máis visible a Profesión Naturopática e achegala máis e mellor á sociedade galega

A cidade da Coruña foi a sede do VII Congreso Galego de Naturopatía que, baixo o lema “A Naturopatía, Ciencia da Saúde, celebrouse durante o sábado 13 de outubro, organizado pola Organización Colexial Naturopática de Galicia. Un Congreso científico e profesional como este engloba moitas cousas, diversión, intercambio, amizade, turismo…pero se algo verdadeiramente defíneo é ser un foro de exposición e intercambio de produción científica e de cohesión corporativa.

Maria Garriga, Presidenta da Organización Colexial Naturopática de Galicia maniféstase satisfeita polo traballo realizado tanto na preparación como o desenvolvemento e os bos resultados obtidos neste VII Congreso Galego de Naturopatía; debido sobre todo á boa acollida e asistencia que tivo o evento, tendo en conta o auxe e implantación social e profesional que están a ter os Servizos Profesionais de Naturopatía en Galicia.

Nesta liña de declaracións, Santos Álvarez, Delegado da Organización Colexial Naturopática na Coruña afirma que ” este VII Congreso Galego de Naturopatía tamén serviu para aumentar a autoestima dos Profesionais Naturópatas, facer máis visible a Profesión Naturopática e achegala máis e mellor á sociedade galega; á vez que seguir co proceso de consolidación da Profesión Naturopática na Galicia”

Doutra banda a Vicepresidenta Executiva da Organización Colexial Naturopática, Nicole González, declara que “a confianza que os asistentes e entidades colaboradoras puxeron no Profesionais Naturópatas Colexiados, foi respondida cun éxito de indubidable profesionalidade por parte dos relatores”

Tamén, Maria Garriga, en nome do Comité Organizador quere expresar o seu agradecemento a Manuel Navarro, Presidente da Organización Colexial Naturopática quen realizou a apertura do Congreso deixando claro que o exercicio da Naturopatía ten o seu status de legalidade, que ten o seu desenvolvemento sociolaboral e profesional, enmarcándoo dentro da Naturopatía europea e internacional, onde a Organización Colexial Naturopática ten un papel relevante como membro do Comité Europeo da Profesión Naturopática e da Federación Mundial de Naturopatía WNF.E tamén fai extensivo o seu agradecemento aos membros da Xunta de Goberno da Organización Colexial Colexial Naturopática, Nicole González, Vicepresidenta Executiva; e a Isabel Piñeiro, Directora Xeral.

O nivel científico e pedagóxico dos temas expostos nos distintos relatorios, e a asistencia de profesionais, estudantes, centros de formación, usuarios dos Servizos Profesionais de Naturopatía, e público en xeral constituíron un éxito notable superando con fartura as expectativas que tiñamos ao seu comezo. O programa desenvolto durante o evento permitiu aos asistentes intercambiar coñecemento e experiencias en relación á aplicación das distintas tecnoloxías Naturopáticas, identificar solucións naturais de saúde e compartir ideas.

Etiquetas: