Conclúe o VIII Congreso Galego de Naturopatía cos obxectivos cumpridos

Paula Martínez, Presidenta da Organización Colexial Naturopática de Galicia, destacou en clausúraa do VIII Congreso Galego de Naturopatía, celebrado no marco do acto de final de curso de Graduados en Naturopatía da Escola Internacional do Desenvolvemento Humano EIDH en Vigo, co lema: “A Naturopatía, A nosa Profesión, está presente“, a relevancia e o interese espertado por este congreso sobre todo pola promoción que supuxo a nivel publicitario, chegando así á maioría dos profesionais do sector Naturopático, aos centros de formación, ás empresas e aos usuarios dos Servizos Profesionais de Naturopatía, polo que tamén o interese espertado ha superado marcas anteriores. 

 Coa súa VIII edición este congreso consolídase como punto de referencia da Profesión Naturopática en Galicia. Segundo Paula Martínez, “Na actual situación esta cita convértese en foro estratéxico para reflexionar sobre liñas de actuación formativa, investigadora, laboral e profesional e as posibles solucións para a regulación da Profesión Naturopática”.

Na inauguración do congreso estivo Isabel Piñeiro, Directora Xeral da Organización Colexial Naturopática, quen remarcou a necesidade de seguir realizando actividades divulgativas da Profesión Naturopática para que se vaia visualizando cada vez máis e consolidándose como unha prestación máis dentro das necesidades de saúde da cidadanía.

Entre os obxectivos cumpridos destácase o nivel científico e pedagóxico dos temas expostos, e a asistencia de profesionais, estudantes, centros de formación, usuarios dos Servizos Profesionais de Naturopatía, e público en xeral constituíron un éxito notable superando con fartura as expectativas que tiñamos ao seu comezo.